sábado, 6 de abril de 2013

Hip hop, rap galego

Moito mais aló de gustos musicais ou vestiario, o hip hop é unha forma de vida. 
É facil recoñecer a un Mc, rapero, polos seus pantalóns anchos, e as gorras grandes, ou pola maneira en que se moven. 
Os rapeiros, dannos a conocer nas suas musicas, na meirande parte, os seus sentimentos e inquietudes. 
Unha especie de alternativa á violencia, en vez de pelear, fazen "loitas de galos" onde varios Mc's compiten entre ellos rapeando moitas das veces insultandose uns a outros improvisando ata que un deixa de saber o que dicir. 

Esta corrente chegou a Galicia, e non habrá nadie que a pare. 

"Hai anos eramos catro gatos, e agora podemos ver concertos cada fin de semana "

Algúns grupos como "Dios ke che crew" fan musica en galego. Outros rapean en castelán, pero xamais olvidan as súas raizes galegas, e falan con orgullo da sua terra. 

E aqui vos deixo, a artistas galegos, alguns ferroláns amigos.




O idioma Galego

O Galego-portugues foi durante a idade media as linguas de trobadores e poetas. O galego foi respectado por todos e falado por reis e altos señores na Galiza, Portugal, León e Castela.
Ata o seculo XIX, o galego estaba durmido, como unha bela durminte á que fazia falta espertarla, e isto foi feito polo movemento chamado Rexurdimento, das mans de Rosalia de Castro, Curros e Pondal.
Pero durante a dictadura de Franco (1936-1975), voultou a morder uha manzana maxica, e foi prohibido, ainda que nos anos 60 houbo quen o tentar espertar con movementos a favor do seu uso.

Hoxe, 2013, seculo XXI, o Galego é unha lingua válida perfeitamente a calquer nivel, a podemos usar tanto formal como informal, ainda que ... é unha lingua en perigo de extincion. 

E Porque? , polo simple feito que é "marxinado" polos sectores fortes de Galiza, o que leva ó desprezo dos sectores mais baixos.


E aqui os deixo, un video montado e dirixido por Natalia, no que participamos eu, Miriam, Javier, Pablo, Chris...


Paisaxe Galega

"E dirán as malas linguas, que desas sempre houbo moitas, que a nosa terra non ten comparanza con outras aínda máis fermosas. Alegarán, sempre para desmerecernos, que é chuviosa, demasiado fría e morriñenta, inhóspita polas súas serras, apartada, isolada, atrasada, ... "