domingo, 3 de marzo de 2013

APUFFFFFF !!!


Levo toda a semana pensando, en como facer este traballo... e sabedes?  Aínda non o sei, e o tempo acaba. E sigo tendo a sensación de que non tiven o tempo suficiente para dedicarlle a isto.
Porque primeiro pensei facer un vídeo que abarcara todo o que non me gusta de Galicia, e outro con o que si me gusta, pero me sabia a pouco. Despois pensei nas fotos, xa que as podía retocar á miña maneira, e tiña todo planeado, tiña pensado pedir a un par de amigos que posasen para min, e con eles facer unhas cantas fotos de exemplos de cousas que non me gustan de Galicia, ou que me parecía que eran incorrectas, pero me parecía un pouco falso e acabei por descartala. Despois estiven a punto de pedir a un par de amigos raperos que fixesen unha rap comigo para falar de Galicia, pero non estaban de acordo en falar mal da súa terra, o que eu entendín perfectamente.
E chegou o venres e eu sen nada feito, nin unha idea que me agradara, con unhas bases do que quería falar, pero sen saber como facelo.
Asín que me dixen, al cuerno, non che gusta escribir? Pois vas e lle soltas todo o rollo a Manolo, e xa decidirá el que facer contigo! Asín que Manolo prepárate porque penso soltarte todo “el rollo” sobre o punto de vista dunha chica de pobo que viño para unha cidade, de Portugal a Galicia, e que se deparou con un montón de cousas que non lle gustan e outras que lle parecen indignantes. Pois nada, Alá vamos.
Antes de empezar teño que aclarar un par de cousiñas, cando cheguei a Ferrol ia a cumprir os 13 años, e pouco mais tiña visto que o meu pequeno e humilde pobo, e unha que outra “intento de cidade” por alí cerca... 

Animal de costumbres.


Sabedes o difícil que resulta cando che espertan cunha luz forte? Primeiro molesta, e cabrea moito, logo vaste acostumbrando a duras penas, ata que chega o momento en que xa non te molesta para nada.
Pois ben algo asín me pasou a min, o primeiro ano, foi o peor de todos eles. Non me sentía cómoda con tanta polución sonora e luminica, habitueime a escoitar pasar por diante da miña casa, como moita dous ou catro coches durante toda a noite, a que pasara mínimo dous ou 5 cada 20 segundos, e isto non me deixaba durmir, para acostumbrarme tardei unhas 2 noites, nas cales case non durmía, xa que os coches me espertaban de golpe cando mellor estaba. Os dias os pasaba cun dolor de cabeza horrible, non quería pasear porque chegaba á casa cun dolor de cabeza e mais cansada que ao final dunha clase de ximnasia con Celia no masculino. Había demasiada xente polas rúas, e ningunha parecía sorprenderse polo que a min me sorprendía, que vale que non me quedaba como tonta mirando para todos os lados, pero o que mais me chamaba a atención era o rápido que camiñaba a xente dun lado para outro, sempre con présa para aquí, présa para aló, case correndo para todos os lados, con unha cara de depresión total, as sonrisas as podía contar cos dedos das mans. Ninguén parecía valorar o que a min me parecía unha paisaxe tan moderna, e tan interesante.
E o que peor me parecía de todo, era que a xente botara as cousas ao chan, os papeis, os envoltorios, as cascas do plátano, cousas que tamén pasan no meu pobo, non os digo que non, pero desde logo daquela en Ferrol me parecía que o facían dunha maneira moito mais descarada, dáballes igual que o vira, o tiraban e seguían o seu camiño, como se nada pasara, e cabreábame moito porque estaban poluindo o ambiente sen darse conta ou sen querer facelo. E os chicles? Que todos tiramos o chicle ao chan cando nos fartamos de mascar e mascar, pero a que nunca os fixastes na acera de diante do masculino? Mais que unha especie de camino da fama , é o camiño do chicle... Hai un montón deles, e parece unha tonteria o que estou dicindo, ata non os digo que non o sexa, pero pensade, imaxinade esta situación : hai unha explosión nuclear todo o planeta desaparece, só quedan as aceras e carreteiras, e algún que outro edificio, e uns ET’S veñan á terra, que encontrarían diante do masculino? Aparte do canario, con os seus bocadillos fantásticos?.. (BABAS)... unha acera cheia de chicles, e estarian preguntandose todo o tempo porque estes humanos tan locos, querían poñer ese material no  chan? Para que? Para que se pegue á suela do zapato? Non ten moito sentido verdade?  Entón porque facelo?
Que eu non sou ninguen para criticar que con o tempo acostumbreirme a caminar sen observar, ollar sin ver, pasear sen realmente pasear, botar os envoltorios ao chan, deixar que todo influira en min, deixei de preocuparme polos coches que pasan, agora non os noto,  nin os ruidos infinitos que escoitan sin querer cando paseas polo centro de Ferrol. Porque o ser humano é un animal de costumbres, e iso é asín, e quen di que non, mente.

Basura? non grazas

Comenzamos asin...

Para acabar asin... 


Cunha avalanche de basura, demasiada basura. Que este é outro mal de Galicia, o vertedeiro de A Coruña.
Galicia tamén ten o seu lado oscuro!
E nesta foto está unha das consecuencias que causou iso. Porque xa fai mais de 15 anos dun dos maiores desastres ambientais de Galicia:

O desplome do basureiro de Bens que alertou sobre a mala xestion dos residuos,  foron 200.000 toneladas de basura rodando ladeira abaixo, causando estragos por donde pasaba. O desastre deu lugar a un extenso parque e á planta de Nostian, pero é un modelo que sigue presentando fisuras ao dia de hoxe.

As ruas e o seu tan bo estado


Non hai cosa que mais odie . O que os vou a contar é completamente verídico. Pasoume a min e a unha amiga, era luns pola maña. Estabamos de paseo pola rúa real, cando nos encontramos cun amigo que facía moito tempo que non o viamos. Pois o normal, paramos falando durante un rato largo, e mentres falabamos unha señora de avanzada idade, tropezou cunha baldosa moi mal colocada, caio de tal maneira que estivo uns 3 minutos sin esaxera no chan polo shock, caio de cara, e tíñana un poco magollada, o brazo dereito pouco podia movelo, axudamona a levantarse con coidado e nos ofrecémonos a levala a urxencias ou algo, pero a pobre señora só queria irse a casa.
Despois de ver o que pasou á señora, o tema da nosa conversación foi de temas mais ou menos relacionados. Meu amigo, que se chama Antonio, ten o carné fai bastante tempo, e é un mozo que conduce bastante ben, pois ben, andaba un pouco cabreado porque un dia indo ata Naron, pillou un bache tan grande que pinchóuselle un neumático, polo impacto o coche fuxiulle e case forma un accidente en cadena, falou á Xunta e sabedes que lle dixeron? Que os xoves non saben conducir teñen demasiada presa. Estivo moito tempo para conseguir unha indemnización polos danos causados pero o peor é o feito que despois de moito denunciar ao bache como un bache perigroso, despois dese accidente durante un mes ou máis o bache sigiu alí, e eu misma “me cagaba en todo” cando tiñamos que pasar por ali no coche, porque con o salto que da o coche, sempre me facía dano no codo. Pero por fin a semana pasada arregárono.
Outra historia parecida foi a que nos pasou a min e ao meu mozo. Iamos de paseo no coche estaban na rotunda de Correios indo dirección ao mercado, pillamos un bache tamén, pero a nos saltounos o airbarg do lateral do sitio do condutor, foi mais o susto que outra cousa, pero neste caso a Xunta botoulle a culpa por completo ao meu mozo, e quedouse sen a indemnización que lle correspondia.
E mais recentemente na madrugada de hoy, viñamos para casa no coche pola calle cortada no centro de Ferrol, sabedes donde estan las vallas amarelas, donde estan arreglando a carreteira? Pois nos viñamos do Zahara en coche, e chegando arriba vimos a un ford focus familiar parado no meio, nos sorprendeu pero pensamos que seria cousas de borracho, pero cuanto mais nos acercabamos vixamonos nunha rejilla da auga que estaba atascada no eixe do coche. Paramos para preguntar si necesitaba axuda e se había tentando quitala de ahi, e contestounos que non daba. Que levaba moitos anos pasando por ali e nunca lle tiña pasado nada asi. 

O dia de S.Xoan


Pero sabedes? De todos os problemas que temos en Galicia, para min o peor son as noite do dia de S.Xoán.
Que é moi bonito iso de estar con o lume, cos teus amigos, de borrachera, falando, divertíndonos á volta da fogueira contándonos historias, os chicos rapeando, as chicas falando das súas cousas.
Pois o ano pasado foi o primeiro ano que celebrei o dia de S.Xoán, e arrependome moito de ter saído de casa.
Decidimos pasar a tarde/noite na casa da avoa dun amigo, que non ia estar na casa e deixounos o xardín que tiña detrás da casa para facer a nosa pequena festiña. O primeiro que pedín foi que non fixeramos unha fogueira moi grande, unha pequena chegaba. Compramos carne, bebidas, e alcohol. Mentres uns facían o churrasco outros poñían a mesa, outros a musica e a tele. Tiñamos pensado quedarnos alí toda a noite.
Pero chegada a 1 da maña, eu non podía mais, custábame respirar. O meu mozo mais eu, decidimos irnos de alí, e dar un paseo no coche. Iamos pola zona da Malata, e non se via nada de nada con tanta nebla. Ou pelo menos eu quería que era nebla, pero no. Cando lle preguntei a Adrián porque había tanta nebla, riuse, miroume seriamente e recordo como se fora hoxe, me dixo que baixara a ventanilla e comprobara se era nebla. Foi horrible, ao baixar a ventanilla, dime conta que esa cousa a que eu chamaba nebla era todo o fume de todas as fogueiras. 
E pareceume indignante o feito, que vale moi ben que sexa unha tradición, pero porque tanta xente xunta contribuíu á estropear aínda mais o medio ambiente, como pode tanta xente non pensar no dano que están facendo ao noso planeta? Que me dirán que un dia ao ano, non fai dano. Pois si queridos amigos, fai dano, e moito.