viernes, 17 de mayo de 2013

Entrevista al heroe ovejuno

-Aver Alberto, me cuentan que eres el heroe de la oveja, salvastes a una oveja o a que se debe ese nombre?
+ Es una historia muy graciosa, en realidad, no salvé a una oveja, nos salvé de una oveja!

*Risas*
-Pongamonos serios, no creo que eso tenga mucho sentido... a quien salvaste de una oveja?
+A todo Vilacacin..
-Explicate porfavor.

+Pues nada, estabamos en casa cenando y de repente escuchamos una campana, asustados, salimos para fuera, y nos encontramos copn todos los vecinos fuera de sus casas, pillamos todo lo que encontrabamos por las casas, palos, piedras, sachos, hoz, palas, rastrillos, patas de sillas rotas, y ramas que fuimos rompiendo por el camino, mientras nos adientrabamos en medio del monte en busca de la santa compaña dispuestos a matarla antes de que intentase matarnos a nos. No sé que nos movia, si el miedo a morir, o la curiosidad de saber lo que era, se existia la Santa Compaña de verdad, o si tan solo era una leyenda, no se, quizas una mezcla de ambas cosas, pero lo cierto esque la mayoria del pueblo, mujer o varon participó en la caza a la Santa Compaña.
Estuvimos casi toda la noche, dando vueltas, y la P**** campana no paraba de sonar, todos pensabamos que ibamos a palmarla, te juro que pensé que era el ultimo dia que pasaria en la tierra, sí una exageracion, y te lo cuento mientras me rio, pero sabe dios que en ese momento no me reia, y los calzoncillos los cambie dos veces.

-Y encontraste a la famosa Santa Compaña?

+Pues si, querida, pues si. Al parecer a Manolo le habia escapado una oveja, y no se le ocurrio contarnoslo, hasta que por la mañana me encontré a la oveja pastando y con la campanita en el cuello sonando... Mirando el lado positivo, creo que aqui ya nadie le tiene miedo a la Santa Compaña. Aun hace dos dias, escuchamos una campana sonando y nadie de cenar. Yo pienso que Manolo nos la jugó y bien.

Que non volvan

De paseo por Cedeira, entramos en un bar, e sentamonos á mesa a tomar un helado cada un, estabamos eu, o meu mozo, a sua nai e a irmá. E falando falando empezaron a recordar os dia ao que chamaron eles o dia dos percebes.
"Era Sara pequena, acordome como se fora hoxe, moito berrei para que a sacara de aló meu pai, imaxina ti, meu pai marinero, meu marido marinero, miña nai axudaba no barco, e Adrian queria barullo, e a Sara aló no meio. Non recordo bem porque fora, non sei toda a historia, recordo que era algo asin como por unha terra que antes era de Cedeira que deron a Cariño, e xuntaronse os de Cedeira e foron os percebes aló como si nada pasara, fora meus pais, o pai de Adrian e os dous cativos, ai tanto chorei, tiña un examen e non fui, pero cando vi todo o que estaba pasando moito gritei... Acordome que ao lado da gasolinera non deixaban pasar á la televesion, claro que moita xente chamou á television e aos anti disturbios, pero non deixaron pasar á tele, non queria que o supiese moita xente, pero daquela xa habia moitos moviles e algun video tendremos por ahi gardado, fui correndo e casi levo eu cunha pedra na cabeza.. habia cativos por todas partes e Andres, un visiño que lle deron cunha pedra na cabeza e levavao nunha maca, ia levantando o brazo de vez en cando e gritaba: "Dadelles neniños Matadlos" ai agora riume pero daquela, daquela choraba... tiña a Sara pequeniña alí metida, cos meus pais que eran peores que os cativos, armados con piedras e paos... ay dios, agora riume pero aquel dia chorei.. moito chorei. E acordome que mentras corria ca Sara para volver a casa, alguen tirou unha pedra a un antidisturbio que sacoulle a mascarita esa que levan, pero non perdoaban nin a vellos ni a novos, tudo... foi tudo."

Contame un conto

Cando fui a visitarlle como todos os sabados desde fai un ano, despois de estar sentados durante horas mirando pola xanela da cociña, acerqueime a el y dixenlle:
-Contame un conto.
Miroume como si nunca me hubera visto y riuse.
-Un conto queres que te conte un conto? Pero cantos anos tens ti? 18? Non tens idade para un conto.
-Necesito informacion para o colexio, teño que falar da memoria historica galega.
-Memoria historica? JÁ! Non é un tema duado non - riuse- queres que te conte un conto?
-Conta.


-"Acordome de cando tiña a tua idade, uns 18 anos, e saia á rua á caza de rapazas novas, se me daba mellor isso que ir á caza ás 6 da mañá co meu pai, a calle principal non era a que é agora, nin tiña todos eses edificios inventados do seculo XXI, ai non, nada disso, o bonito era que cando saia a porta, tiña a calle principal diante, asín é, faime caso, non me mires con caras raras, é certo o que che digo. Cando miraba por esta misma ventana non via todos esos edificios ao lado da praia, non, habia un monte moi verde e moi bonito, con os troncos marrons e as polas, e habia paxaros, ohh se habia paxaros, moitos, tanto paxaros como grans de area hai na praia, xa o sei, son moitos paxaros, pero non che dixen xa que deixes as caras raras? Pois que che estaba contando? ah si.. a praia... que bonita era a praia, chea de mozas novas con a falda ata os pés, non como agora que casi non levan ropa, canto mas corto mellor dixome o outro dia unha nena cando lle dixen que levaba a falda moito corta, que vergonza, bonitas eran as mulleres do meu tempo, cas faldas largas e lindos pañuelos, ian á praia a tocar cos pes a area e deixar que a auga mollara os pes, só os pés... e logo estabamos os chavalotes, que faziamos mil e unha parrafada.... pero o mais bonito era ver a auga azul e verde, limpa, non como agora que está chea de merda... sí dixen merda... xá o quitarás logo si queres, pero o que ten a auga agora é merda, merda que bontan o xovens coma ti, cheo de coca colas e sacas de patacas freidas ou fritidas o que carallo é aquilo. Vos non sabedes vivir bem, bonito era o verde que vias por esta ventana, non todos eses ladrillos laranxas, que feos son... Co bonitas que son as casas de pedra non che parece? As casas bonitas de pedra foron destruidas, agora hai eses edificios do fondo de ladrillo... que noxo dá... Indignome cando falo disto, e sabes porque? Porque isto era moi bonito, non habia sitio mais bonito ca este... pero tiñamos moitos visitantes dos lados de Madrid, e a xente queria ser mas fina, o más "chic" chamalle como queiras, pero estropearon todo o bonito que nos quedaba, e aun non se dan conta, pero xa o faran.... Ves todos eses coches ao fondo? Pois todo eso era xardin non habia carreteras desas ni supermecados... Gadis? pero que é iso? Eroski? Já. Non habia nada mellor que a carne da tia Lola,  ai e como sabian aquelas mazás, isso era vida. Dabame meu abuelo, unha moneda para ir a comprar mazas... gominolas.. meu neto me pide gominolas...Que triste é que os tempos cambien... Sigo dicindo co bonito que era todo isto en verde, viñeron os de Madrid e o estropearon entero... Imaxina ti, onde estan todos eses edificios que parecen monstruos erguidos? Pois hai coñecin eu á miña muller, nun banco.. bueno, un intento de banco, subimos ata a praza polo xardin, e depois baixamos de man dada.. isso era que xa estabamos para casar... e agora ves a mesma moza con 5 tios no mesmo ano de man dada pola praza.. Ay non, isso no meu tempo non era asin. E apaga xa esa grabadora, no meu tempo escribiase á man non existian esas cosas.."





sábado, 6 de abril de 2013

Hip hop, rap galego

Moito mais aló de gustos musicais ou vestiario, o hip hop é unha forma de vida. 
É facil recoñecer a un Mc, rapero, polos seus pantalóns anchos, e as gorras grandes, ou pola maneira en que se moven. 
Os rapeiros, dannos a conocer nas suas musicas, na meirande parte, os seus sentimentos e inquietudes. 
Unha especie de alternativa á violencia, en vez de pelear, fazen "loitas de galos" onde varios Mc's compiten entre ellos rapeando moitas das veces insultandose uns a outros improvisando ata que un deixa de saber o que dicir. 

Esta corrente chegou a Galicia, e non habrá nadie que a pare. 

"Hai anos eramos catro gatos, e agora podemos ver concertos cada fin de semana "

Algúns grupos como "Dios ke che crew" fan musica en galego. Outros rapean en castelán, pero xamais olvidan as súas raizes galegas, e falan con orgullo da sua terra. 

E aqui vos deixo, a artistas galegos, alguns ferroláns amigos.




O idioma Galego

O Galego-portugues foi durante a idade media as linguas de trobadores e poetas. O galego foi respectado por todos e falado por reis e altos señores na Galiza, Portugal, León e Castela.
Ata o seculo XIX, o galego estaba durmido, como unha bela durminte á que fazia falta espertarla, e isto foi feito polo movemento chamado Rexurdimento, das mans de Rosalia de Castro, Curros e Pondal.
Pero durante a dictadura de Franco (1936-1975), voultou a morder uha manzana maxica, e foi prohibido, ainda que nos anos 60 houbo quen o tentar espertar con movementos a favor do seu uso.

Hoxe, 2013, seculo XXI, o Galego é unha lingua válida perfeitamente a calquer nivel, a podemos usar tanto formal como informal, ainda que ... é unha lingua en perigo de extincion. 

E Porque? , polo simple feito que é "marxinado" polos sectores fortes de Galiza, o que leva ó desprezo dos sectores mais baixos.


E aqui os deixo, un video montado e dirixido por Natalia, no que participamos eu, Miriam, Javier, Pablo, Chris...


Paisaxe Galega

"E dirán as malas linguas, que desas sempre houbo moitas, que a nosa terra non ten comparanza con outras aínda máis fermosas. Alegarán, sempre para desmerecernos, que é chuviosa, demasiado fría e morriñenta, inhóspita polas súas serras, apartada, isolada, atrasada, ... "












domingo, 3 de marzo de 2013

APUFFFFFF !!!


Levo toda a semana pensando, en como facer este traballo... e sabedes?  Aínda non o sei, e o tempo acaba. E sigo tendo a sensación de que non tiven o tempo suficiente para dedicarlle a isto.
Porque primeiro pensei facer un vídeo que abarcara todo o que non me gusta de Galicia, e outro con o que si me gusta, pero me sabia a pouco. Despois pensei nas fotos, xa que as podía retocar á miña maneira, e tiña todo planeado, tiña pensado pedir a un par de amigos que posasen para min, e con eles facer unhas cantas fotos de exemplos de cousas que non me gustan de Galicia, ou que me parecía que eran incorrectas, pero me parecía un pouco falso e acabei por descartala. Despois estiven a punto de pedir a un par de amigos raperos que fixesen unha rap comigo para falar de Galicia, pero non estaban de acordo en falar mal da súa terra, o que eu entendín perfectamente.
E chegou o venres e eu sen nada feito, nin unha idea que me agradara, con unhas bases do que quería falar, pero sen saber como facelo.
Asín que me dixen, al cuerno, non che gusta escribir? Pois vas e lle soltas todo o rollo a Manolo, e xa decidirá el que facer contigo! Asín que Manolo prepárate porque penso soltarte todo “el rollo” sobre o punto de vista dunha chica de pobo que viño para unha cidade, de Portugal a Galicia, e que se deparou con un montón de cousas que non lle gustan e outras que lle parecen indignantes. Pois nada, Alá vamos.
Antes de empezar teño que aclarar un par de cousiñas, cando cheguei a Ferrol ia a cumprir os 13 años, e pouco mais tiña visto que o meu pequeno e humilde pobo, e unha que outra “intento de cidade” por alí cerca... 

Animal de costumbres.


Sabedes o difícil que resulta cando che espertan cunha luz forte? Primeiro molesta, e cabrea moito, logo vaste acostumbrando a duras penas, ata que chega o momento en que xa non te molesta para nada.
Pois ben algo asín me pasou a min, o primeiro ano, foi o peor de todos eles. Non me sentía cómoda con tanta polución sonora e luminica, habitueime a escoitar pasar por diante da miña casa, como moita dous ou catro coches durante toda a noite, a que pasara mínimo dous ou 5 cada 20 segundos, e isto non me deixaba durmir, para acostumbrarme tardei unhas 2 noites, nas cales case non durmía, xa que os coches me espertaban de golpe cando mellor estaba. Os dias os pasaba cun dolor de cabeza horrible, non quería pasear porque chegaba á casa cun dolor de cabeza e mais cansada que ao final dunha clase de ximnasia con Celia no masculino. Había demasiada xente polas rúas, e ningunha parecía sorprenderse polo que a min me sorprendía, que vale que non me quedaba como tonta mirando para todos os lados, pero o que mais me chamaba a atención era o rápido que camiñaba a xente dun lado para outro, sempre con présa para aquí, présa para aló, case correndo para todos os lados, con unha cara de depresión total, as sonrisas as podía contar cos dedos das mans. Ninguén parecía valorar o que a min me parecía unha paisaxe tan moderna, e tan interesante.
E o que peor me parecía de todo, era que a xente botara as cousas ao chan, os papeis, os envoltorios, as cascas do plátano, cousas que tamén pasan no meu pobo, non os digo que non, pero desde logo daquela en Ferrol me parecía que o facían dunha maneira moito mais descarada, dáballes igual que o vira, o tiraban e seguían o seu camiño, como se nada pasara, e cabreábame moito porque estaban poluindo o ambiente sen darse conta ou sen querer facelo. E os chicles? Que todos tiramos o chicle ao chan cando nos fartamos de mascar e mascar, pero a que nunca os fixastes na acera de diante do masculino? Mais que unha especie de camino da fama , é o camiño do chicle... Hai un montón deles, e parece unha tonteria o que estou dicindo, ata non os digo que non o sexa, pero pensade, imaxinade esta situación : hai unha explosión nuclear todo o planeta desaparece, só quedan as aceras e carreteiras, e algún que outro edificio, e uns ET’S veñan á terra, que encontrarían diante do masculino? Aparte do canario, con os seus bocadillos fantásticos?.. (BABAS)... unha acera cheia de chicles, e estarian preguntandose todo o tempo porque estes humanos tan locos, querían poñer ese material no  chan? Para que? Para que se pegue á suela do zapato? Non ten moito sentido verdade?  Entón porque facelo?
Que eu non sou ninguen para criticar que con o tempo acostumbreirme a caminar sen observar, ollar sin ver, pasear sen realmente pasear, botar os envoltorios ao chan, deixar que todo influira en min, deixei de preocuparme polos coches que pasan, agora non os noto,  nin os ruidos infinitos que escoitan sin querer cando paseas polo centro de Ferrol. Porque o ser humano é un animal de costumbres, e iso é asín, e quen di que non, mente.

Basura? non grazas

Comenzamos asin...

Para acabar asin... 


Cunha avalanche de basura, demasiada basura. Que este é outro mal de Galicia, o vertedeiro de A Coruña.
Galicia tamén ten o seu lado oscuro!
E nesta foto está unha das consecuencias que causou iso. Porque xa fai mais de 15 anos dun dos maiores desastres ambientais de Galicia:

O desplome do basureiro de Bens que alertou sobre a mala xestion dos residuos,  foron 200.000 toneladas de basura rodando ladeira abaixo, causando estragos por donde pasaba. O desastre deu lugar a un extenso parque e á planta de Nostian, pero é un modelo que sigue presentando fisuras ao dia de hoxe.

As ruas e o seu tan bo estado


Non hai cosa que mais odie . O que os vou a contar é completamente verídico. Pasoume a min e a unha amiga, era luns pola maña. Estabamos de paseo pola rúa real, cando nos encontramos cun amigo que facía moito tempo que non o viamos. Pois o normal, paramos falando durante un rato largo, e mentres falabamos unha señora de avanzada idade, tropezou cunha baldosa moi mal colocada, caio de tal maneira que estivo uns 3 minutos sin esaxera no chan polo shock, caio de cara, e tíñana un poco magollada, o brazo dereito pouco podia movelo, axudamona a levantarse con coidado e nos ofrecémonos a levala a urxencias ou algo, pero a pobre señora só queria irse a casa.
Despois de ver o que pasou á señora, o tema da nosa conversación foi de temas mais ou menos relacionados. Meu amigo, que se chama Antonio, ten o carné fai bastante tempo, e é un mozo que conduce bastante ben, pois ben, andaba un pouco cabreado porque un dia indo ata Naron, pillou un bache tan grande que pinchóuselle un neumático, polo impacto o coche fuxiulle e case forma un accidente en cadena, falou á Xunta e sabedes que lle dixeron? Que os xoves non saben conducir teñen demasiada presa. Estivo moito tempo para conseguir unha indemnización polos danos causados pero o peor é o feito que despois de moito denunciar ao bache como un bache perigroso, despois dese accidente durante un mes ou máis o bache sigiu alí, e eu misma “me cagaba en todo” cando tiñamos que pasar por ali no coche, porque con o salto que da o coche, sempre me facía dano no codo. Pero por fin a semana pasada arregárono.
Outra historia parecida foi a que nos pasou a min e ao meu mozo. Iamos de paseo no coche estaban na rotunda de Correios indo dirección ao mercado, pillamos un bache tamén, pero a nos saltounos o airbarg do lateral do sitio do condutor, foi mais o susto que outra cousa, pero neste caso a Xunta botoulle a culpa por completo ao meu mozo, e quedouse sen a indemnización que lle correspondia.
E mais recentemente na madrugada de hoy, viñamos para casa no coche pola calle cortada no centro de Ferrol, sabedes donde estan las vallas amarelas, donde estan arreglando a carreteira? Pois nos viñamos do Zahara en coche, e chegando arriba vimos a un ford focus familiar parado no meio, nos sorprendeu pero pensamos que seria cousas de borracho, pero cuanto mais nos acercabamos vixamonos nunha rejilla da auga que estaba atascada no eixe do coche. Paramos para preguntar si necesitaba axuda e se había tentando quitala de ahi, e contestounos que non daba. Que levaba moitos anos pasando por ali e nunca lle tiña pasado nada asi. 

O dia de S.Xoan


Pero sabedes? De todos os problemas que temos en Galicia, para min o peor son as noite do dia de S.Xoán.
Que é moi bonito iso de estar con o lume, cos teus amigos, de borrachera, falando, divertíndonos á volta da fogueira contándonos historias, os chicos rapeando, as chicas falando das súas cousas.
Pois o ano pasado foi o primeiro ano que celebrei o dia de S.Xoán, e arrependome moito de ter saído de casa.
Decidimos pasar a tarde/noite na casa da avoa dun amigo, que non ia estar na casa e deixounos o xardín que tiña detrás da casa para facer a nosa pequena festiña. O primeiro que pedín foi que non fixeramos unha fogueira moi grande, unha pequena chegaba. Compramos carne, bebidas, e alcohol. Mentres uns facían o churrasco outros poñían a mesa, outros a musica e a tele. Tiñamos pensado quedarnos alí toda a noite.
Pero chegada a 1 da maña, eu non podía mais, custábame respirar. O meu mozo mais eu, decidimos irnos de alí, e dar un paseo no coche. Iamos pola zona da Malata, e non se via nada de nada con tanta nebla. Ou pelo menos eu quería que era nebla, pero no. Cando lle preguntei a Adrián porque había tanta nebla, riuse, miroume seriamente e recordo como se fora hoxe, me dixo que baixara a ventanilla e comprobara se era nebla. Foi horrible, ao baixar a ventanilla, dime conta que esa cousa a que eu chamaba nebla era todo o fume de todas as fogueiras. 
E pareceume indignante o feito, que vale moi ben que sexa unha tradición, pero porque tanta xente xunta contribuíu á estropear aínda mais o medio ambiente, como pode tanta xente non pensar no dano que están facendo ao noso planeta? Que me dirán que un dia ao ano, non fai dano. Pois si queridos amigos, fai dano, e moito.

jueves, 31 de enero de 2013

Martires de Carral








Coñécense como Mártires de Carral os militares sublevados en varios lugares de Galicia en 1846  contra o presidente Narváez que foron executados na vila coruñesa de Carral.

Todo isto pasou durante o Reinado de Isabel II, con apenas 13 anos. Pero o xeneral Narváez impuso unha dictadura que levou a enfrontamentos populares. 

O POBO NON ESTABA CONTENTE ! 


Asi foi que o dous de Abril un batallón, levantouse en Lugo mandado polo coronel Miguel Solís disolvendo o Consello Provincial e a Deputación.  Os dias seguintes outras prazas foron xuntandose a esta 

REVOLUCIÓN!!!! 


O 15 de Abril dese mismo ano, en Compostela constituise a Xunta Superior de Galicia que reclamaron os dereitos e libertades que Narváez abolira e un xusto trato para Galicia.

Despois de esta revolta foi proclamada como tal, Solís nun discurso fai alusión ao motivo de alzamento: 

Gallegos: españoles todos: ¡Viva la Reina libre!, ¡Viva la
 Constitución!, ¡Fuera extranjeros!, ¡Abajo el Dictador 
Narváez, ¡Abajo el sistema tributario!

Pero a pesar de todos os esforzos foron derrotados na batalla de Cacheiras.
Solís primeiro refuxiouse pero esa misma tarde entregouse, xulgado 3 dias despois en Carral e condenado a morte con os seus compañeiros sublevados.

Solo depois de 10 anos un novo goberno nomearía como beneméritos da Patria aos doce fusilados.
E foi levantado un monumento en su honor onde pode lerse
"Mártires da liberdade. Mortos o 26 de abril de 1846"






NUNCA MAIS !!!

domingo, 27 de enero de 2013

As preferentes

(Foto sacada por min)
Teño un pequeño problema con o video, a calidade diminui bastante ao poñerlo no prezi !