martes, 23 de octubre de 2012

¡¡¡¡¡EU QUERÍA ZORZA!!!!!

Partindo da base de que hai eleccións cada catro anos, e dado os efectos que xorden en min (a pesar de non poder votar ainda), poderia decir que son como ter a regra: moita dor de cabeza (coches anunciando), unha confusión inmensa (non sei que elixir xa que todos prometen pero non cumpren), malestar xeral (tanta publicidade pola rua apampa a calquera)...
Xa que falamos da política e eleccións en Galicia, empecemos o tema como sempre responden os galegos,  cunha pregunta: ¿porque se todos din que son de esquerdas, sempre sae a dereita? 
Bueno, pois como dixo Jack o destripador, vamos por partes:

* Poderia ser que a maioria da poboación foran un pouco hipócritas, xa que se hai tanta xente de esquerdas, ¿como é que o PP gaña tan facilmente?

* Tamén podería ser que dado que a maioria da poboación e algo maior, e moitos son de ideas fixas e levan votando toda a vida ó PP,porque así estaban ben, non cambian o voto. (A isto aille que sumar que moitos dos xoves non votan porque din que e tirar o voto e o tempo)

*Ademáis podería deberse a que hai moita xente que cree que se o goberno do estado e o da comunidade autonoma son os mesmos, as cousas funcionarán máis rápido e con menos problemas para ofrecer infraestructuras, traballo, etc...

O último punto que tratarei, e pode que o máis interesante, é que a maioria da xente que se queixa, admite absterse de votar, porque din que non van a cambiar nada, que sempre saen os mesmos, que fan chanchullos etc. Pero a cousa é: ¿se non votas que dereito tes a queixarte? Porque se non votache significa que non che importa, e si que da igual ... Enfin, isto como ir a comer a un mesón, deixar que os compañeiros escollan o menú decindo que todo che vale, e o final resulta que te quedas con fame porque non che pediron zorza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Falo galego sen pelos na lingua