lunes, 22 de octubre de 2012

Vivamos como galegos non?

O certo é que non son galega, e falar de Galicia despois de levar catro anos aquí vivindo nunha cidade que non é o mellor exemplo de Galicia non é moi fácil,  pero dende á dúas ou tres semanas que empece a interesarme un pouco máis pola comunidade autónoma onde vivo, e despois de pasear polas rúas de A Coruña, Cedeira, Santiago, e ver fotos de zonas de moitos outros sitios de Galicia, podo dicir que Galicia é felicidade, é ese malo será, é ver o bonito que é cando o Atlántico e o Cantábrico se xunta formando a auga de tres cores, é ver chover a meirande parte dos días do ano e non queixarse por que malo será que non pare, ir pola carreteira e ver verde a cada lado,  que a xente maior te chame miña rula, o neniña o que riquiña, facer unha pregunta e que te contesten con outra,  é ter tamén as mellores paisaxes de toda a España e por suposto as mellores praias, é conseguir que aos españois a xente de fora os chamen Galegos por todos os antepasados que emigraron ás Américas, é que te recoñezan como galego pola túa forma de falar cantando, é ter o mellor marisco, e que as mellores comidas son a que fan túa nai e túa avoa, ter zonas como Sanxenxo tan difíciles de pronunciar para alguén que é de fora..



Pero... eh logo ti sabes o que é? 


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Falo galego sen pelos na lingua