domingo, 3 de marzo de 2013

O dia de S.Xoan


Pero sabedes? De todos os problemas que temos en Galicia, para min o peor son as noite do dia de S.Xoán.
Que é moi bonito iso de estar con o lume, cos teus amigos, de borrachera, falando, divertíndonos á volta da fogueira contándonos historias, os chicos rapeando, as chicas falando das súas cousas.
Pois o ano pasado foi o primeiro ano que celebrei o dia de S.Xoán, e arrependome moito de ter saído de casa.
Decidimos pasar a tarde/noite na casa da avoa dun amigo, que non ia estar na casa e deixounos o xardín que tiña detrás da casa para facer a nosa pequena festiña. O primeiro que pedín foi que non fixeramos unha fogueira moi grande, unha pequena chegaba. Compramos carne, bebidas, e alcohol. Mentres uns facían o churrasco outros poñían a mesa, outros a musica e a tele. Tiñamos pensado quedarnos alí toda a noite.
Pero chegada a 1 da maña, eu non podía mais, custábame respirar. O meu mozo mais eu, decidimos irnos de alí, e dar un paseo no coche. Iamos pola zona da Malata, e non se via nada de nada con tanta nebla. Ou pelo menos eu quería que era nebla, pero no. Cando lle preguntei a Adrián porque había tanta nebla, riuse, miroume seriamente e recordo como se fora hoxe, me dixo que baixara a ventanilla e comprobara se era nebla. Foi horrible, ao baixar a ventanilla, dime conta que esa cousa a que eu chamaba nebla era todo o fume de todas as fogueiras. 
E pareceume indignante o feito, que vale moi ben que sexa unha tradición, pero porque tanta xente xunta contribuíu á estropear aínda mais o medio ambiente, como pode tanta xente non pensar no dano que están facendo ao noso planeta? Que me dirán que un dia ao ano, non fai dano. Pois si queridos amigos, fai dano, e moito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Falo galego sen pelos na lingua