domingo, 3 de marzo de 2013

APUFFFFFF !!!


Levo toda a semana pensando, en como facer este traballo... e sabedes?  Aínda non o sei, e o tempo acaba. E sigo tendo a sensación de que non tiven o tempo suficiente para dedicarlle a isto.
Porque primeiro pensei facer un vídeo que abarcara todo o que non me gusta de Galicia, e outro con o que si me gusta, pero me sabia a pouco. Despois pensei nas fotos, xa que as podía retocar á miña maneira, e tiña todo planeado, tiña pensado pedir a un par de amigos que posasen para min, e con eles facer unhas cantas fotos de exemplos de cousas que non me gustan de Galicia, ou que me parecía que eran incorrectas, pero me parecía un pouco falso e acabei por descartala. Despois estiven a punto de pedir a un par de amigos raperos que fixesen unha rap comigo para falar de Galicia, pero non estaban de acordo en falar mal da súa terra, o que eu entendín perfectamente.
E chegou o venres e eu sen nada feito, nin unha idea que me agradara, con unhas bases do que quería falar, pero sen saber como facelo.
Asín que me dixen, al cuerno, non che gusta escribir? Pois vas e lle soltas todo o rollo a Manolo, e xa decidirá el que facer contigo! Asín que Manolo prepárate porque penso soltarte todo “el rollo” sobre o punto de vista dunha chica de pobo que viño para unha cidade, de Portugal a Galicia, e que se deparou con un montón de cousas que non lle gustan e outras que lle parecen indignantes. Pois nada, Alá vamos.
Antes de empezar teño que aclarar un par de cousiñas, cando cheguei a Ferrol ia a cumprir os 13 años, e pouco mais tiña visto que o meu pequeno e humilde pobo, e unha que outra “intento de cidade” por alí cerca... 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Falo galego sen pelos na lingua