domingo, 3 de marzo de 2013

Animal de costumbres.


Sabedes o difícil que resulta cando che espertan cunha luz forte? Primeiro molesta, e cabrea moito, logo vaste acostumbrando a duras penas, ata que chega o momento en que xa non te molesta para nada.
Pois ben algo asín me pasou a min, o primeiro ano, foi o peor de todos eles. Non me sentía cómoda con tanta polución sonora e luminica, habitueime a escoitar pasar por diante da miña casa, como moita dous ou catro coches durante toda a noite, a que pasara mínimo dous ou 5 cada 20 segundos, e isto non me deixaba durmir, para acostumbrarme tardei unhas 2 noites, nas cales case non durmía, xa que os coches me espertaban de golpe cando mellor estaba. Os dias os pasaba cun dolor de cabeza horrible, non quería pasear porque chegaba á casa cun dolor de cabeza e mais cansada que ao final dunha clase de ximnasia con Celia no masculino. Había demasiada xente polas rúas, e ningunha parecía sorprenderse polo que a min me sorprendía, que vale que non me quedaba como tonta mirando para todos os lados, pero o que mais me chamaba a atención era o rápido que camiñaba a xente dun lado para outro, sempre con présa para aquí, présa para aló, case correndo para todos os lados, con unha cara de depresión total, as sonrisas as podía contar cos dedos das mans. Ninguén parecía valorar o que a min me parecía unha paisaxe tan moderna, e tan interesante.
E o que peor me parecía de todo, era que a xente botara as cousas ao chan, os papeis, os envoltorios, as cascas do plátano, cousas que tamén pasan no meu pobo, non os digo que non, pero desde logo daquela en Ferrol me parecía que o facían dunha maneira moito mais descarada, dáballes igual que o vira, o tiraban e seguían o seu camiño, como se nada pasara, e cabreábame moito porque estaban poluindo o ambiente sen darse conta ou sen querer facelo. E os chicles? Que todos tiramos o chicle ao chan cando nos fartamos de mascar e mascar, pero a que nunca os fixastes na acera de diante do masculino? Mais que unha especie de camino da fama , é o camiño do chicle... Hai un montón deles, e parece unha tonteria o que estou dicindo, ata non os digo que non o sexa, pero pensade, imaxinade esta situación : hai unha explosión nuclear todo o planeta desaparece, só quedan as aceras e carreteiras, e algún que outro edificio, e uns ET’S veñan á terra, que encontrarían diante do masculino? Aparte do canario, con os seus bocadillos fantásticos?.. (BABAS)... unha acera cheia de chicles, e estarian preguntandose todo o tempo porque estes humanos tan locos, querían poñer ese material no  chan? Para que? Para que se pegue á suela do zapato? Non ten moito sentido verdade?  Entón porque facelo?
Que eu non sou ninguen para criticar que con o tempo acostumbreirme a caminar sen observar, ollar sin ver, pasear sen realmente pasear, botar os envoltorios ao chan, deixar que todo influira en min, deixei de preocuparme polos coches que pasan, agora non os noto,  nin os ruidos infinitos que escoitan sin querer cando paseas polo centro de Ferrol. Porque o ser humano é un animal de costumbres, e iso é asín, e quen di que non, mente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Falo galego sen pelos na lingua