viernes, 17 de mayo de 2013

Que non volvan

De paseo por Cedeira, entramos en un bar, e sentamonos á mesa a tomar un helado cada un, estabamos eu, o meu mozo, a sua nai e a irmá. E falando falando empezaron a recordar os dia ao que chamaron eles o dia dos percebes.
"Era Sara pequena, acordome como se fora hoxe, moito berrei para que a sacara de aló meu pai, imaxina ti, meu pai marinero, meu marido marinero, miña nai axudaba no barco, e Adrian queria barullo, e a Sara aló no meio. Non recordo bem porque fora, non sei toda a historia, recordo que era algo asin como por unha terra que antes era de Cedeira que deron a Cariño, e xuntaronse os de Cedeira e foron os percebes aló como si nada pasara, fora meus pais, o pai de Adrian e os dous cativos, ai tanto chorei, tiña un examen e non fui, pero cando vi todo o que estaba pasando moito gritei... Acordome que ao lado da gasolinera non deixaban pasar á la televesion, claro que moita xente chamou á television e aos anti disturbios, pero non deixaron pasar á tele, non queria que o supiese moita xente, pero daquela xa habia moitos moviles e algun video tendremos por ahi gardado, fui correndo e casi levo eu cunha pedra na cabeza.. habia cativos por todas partes e Andres, un visiño que lle deron cunha pedra na cabeza e levavao nunha maca, ia levantando o brazo de vez en cando e gritaba: "Dadelles neniños Matadlos" ai agora riume pero daquela, daquela choraba... tiña a Sara pequeniña alí metida, cos meus pais que eran peores que os cativos, armados con piedras e paos... ay dios, agora riume pero aquel dia chorei.. moito chorei. E acordome que mentras corria ca Sara para volver a casa, alguen tirou unha pedra a un antidisturbio que sacoulle a mascarita esa que levan, pero non perdoaban nin a vellos ni a novos, tudo... foi tudo."

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Falo galego sen pelos na lingua